PARTICIPACIÓN EN PROGRAMAS EUROPEOS ERASMUS +


 Proxecto Lingüístico do IES García Barbon


(Documento extraído do Proxecto Lingüístico do IES García Barbon, curso 2013-14, páx. 31)

PARTICIPACIÓN EN PROGRAMAS EUROPEOS ERASMUS +

O IES García Barbón mantén unha aposta decidida pola internacionalización da nosa tarefa educativa en dúas direccións que se complementan: por unha banda pretendemos ampliar o horizonte vital e laboral  do noso alumnado e por outra queremos que o noso profesorado se implique neste tipo de actividades co fin de mellorar a súa práctica docente diaria e adquirir unha visión más ampla da nosa profesión dentro do contexto europeo.

Este doble eixe compleméntase coa aposta polo aumento da eficiencia lingüística en inglés nestes dous colectivos da nosa comunidade educativa, xa que aprezamos carencias neste campo que poden supoñer limitacións futuras, tanto nas expectativas laborais do noso alumnado como na proxección profesional do profesorado.


Ningún comentario:

Publicar un comentario